Saturday 04 de May de 2024

O pleno aproba o orzamento do Concello para o 2023, de 41,5 millóns


O pleno municipal aprobou o orzamento do Concello de Oleiros para o ano 2023, que se incrementa nun 4,92% en relación ao do anterior, acadando 41.510.000 euros. O principal obxectivo do Goberno municipal é conservar a ampla infraestrutura de equipamentos e seguir ofrecendo uns servizos públicos de calidade, de aí que o gasto en persoal municipal e os gastos correntes sumen 24 millóns, o 57 % dos recursos municipais.

PREVISIÓNS DE INGRESOS:

1. Impostos directos: 11.195.000 euros
2. Impostos indirectos: 1.300.000 euros
3. Taxas e prezos públicos: 4.689.327 euros
4. Transferencias correntes: 12.478.920 euros
5. Ingresos patrimoniais: 272.000 euros
6. Alleamento investimentos reais: 0,00 euros
7. Transferencias de capital: 1.186.056 euros
8. Activos financeiros: 919.108 euros
9. Pasivos financeiros: 9.469.587 euros

PREVISIÓNS DE GASTOS:

1. Gastos de persoal: 11.939.900 euros
2. Gastos correntes: 13.085.490 euros
3. Gastos financeiros: 56.780 euros
4. Transferencias correntes: 1.531.170 euros
5. Fondo de continxencia: 350.000 euros
6. Investimentos reais: 14.472.340 euros
7. Transferencias de capital: 0,00 euros
8. Activos financeiros: 36.000 euros
9. Pasivos financeiros: 38.320 euros

Das obras públicas que figuran no orzamento destacan dúas intervencións: a senda fluvial ciclopeonil do Río de San Pedro, á que se destinan 2,6 millóns, e a primeira anualidade para o multiusos de Bastiagueiro, de 2,5 millóns de euros dos 11, que costará en tres anualidades.